lunes, 3 de marzo de 2008

Que se coce en Venezuela.



Na miña opinión o descerebrado de Hugo Chavez, que ten de todo menos de parvo, hai un tempo que esta a buscar a forma de perpetuarse no poder.Coma non puido facelo no último referendo que perdeu de forma democrática , (iso a pesares de que puxo todas as través e todos a maquinaria do seu poder en impedilo), agora está desesperado buscado outras vías de conseguilo.Para todo dictador como el, a mellor maneira de facelo é buscar o estado de guerra, levar o pais a unha crese na que el se poida xustificar no poder da mellor maneira que sabe ....co medo.Nese camiño van as última parvadas que saen da boca de tamaño personaxe , chegando a interferir incluso na crese entre Ecuador e Colombia. Ende logo non xustifico o que fixo Colombia, xa que non respectou a soberanía do Ecuador, pero non creo que o que sucedeu xustifique para nada un conflicto armado. E moito menos entre Colombia e Venezuela....que non ten parte neste enredo, ben...ten a que lle quere poñer Chavez.

“Chávez cierra la embajada en Bogotá y moviliza tropas a la frontera con Colombia”

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/03/02/00031204480716001618117.htm

A Chavez non hai quen o entenda, e o que mais me amola e que ende España i ende Galicia hai políticos e partidos que tratan de xustificar a súa a actualcion , incluso din ver con bos ollos o seu réxime. Todo vale para xustificar o marxismo (suposto) de Chaves. Que por certo ni é marxista , nin comunista , nin de esquerdas...é un dictador populista que agora trata de ser o abandeirado do boliviaranismo...anda xa!.Como se pode xustificar a Chavez, que a súa vez xustifica as FARC e o seus métodos narcoterrosristas....
A que ven meter o fociño chavista en todo isto , é sinxelo quere facerlle competencia a Sarcozí a ver quen dos dous mola mais pola tele .... ou non o entendo.Xa que incluso as propias FARC parecen querer chegar a entenderse co Goberno soberano de Colombia ( por que o é a pouco que nos guste) , e hai que recordar que se está nun momento delicado negociado a liberación de reféns

“Las FARC anunciaron ayer en Internet que la muerte por el Ejército de su número dos y portavoz, Raúl Reyes, el pasado sábado no debe afectar a la búsqueda de un acuerdo humanitario sobre los secuestrados.”

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/03/03/0003_6618993.htm

E as cousas estanse a embarullar, o que menos falta fai e xente do estilo de Chavez a mente o dedo na xaga.



Hai politicos, que canto memos falan , mellor para o seu pais e os demais.....

No hay comentarios: