domingo, 24 de febrero de 2008

Aprendendo a ser e a falar Galego co avó.


So hai unha maneira de aprender unha lingua , falándoa...e so hai una forma de ser galego, sentíndoo ( da igual que naceras no Camerún, xa que un é de onde pace non de onde nace...).
Así de sinxelo, hoxe eu mais o meu fillo aprendemos dúas palabras novas en galego, e a facer unha laboura tradicional.Podo dicir que nos aproveitou a fin de sema, vaia que sí....
Antes de nada, explicarvos que dous palabras aprendín , una foi ENQUEIRAR, busquei na web da xunta no diccionario de galego e non ben...pero atopei a mesma palabra no portugués xa vedes...
ENQUEIRAR, o menos e certa aldea de Paderne, non é so unha palabra en un traballo, ENQUEIRAR, e o proceso de transformar un pao ou unha vara para convertela nun mango ou nunha aguillada.Hai que buscar o pao adecuado, o cal xa é unha fermosa experiencia pois implica un paseíño polo monte, e se o fas co teu fillo e o teu pai chega a ser toda unha aventura compartida entre tres xeracións.



O pao a ser posible a de ser de castaño e ha de estar verde, o importante nestes casos e que sexa un fermoso pao recto , con poucos nós e do grosor adecuado para que se vai a usar.Se o colles moi miúdo non che valerá para “mangar” o raño, o fouce ou a ferramenta que sexa..(salvo que lle seipas poñer unha cuña..eso deixámolo para outro capítulo).
Atopado o pao haino que ENQUEIRAR, ¿e quen ven sendo isto), pos hai que meter o pao no forno quente ( tamén se pode facer nas brasas pero coidadiño con non queimalo ) durante unha hora.Despois sacase e dóbrase, escoitaredes como cruxe toda a pel (cortiza) de pao e se cuartea, so tedes que ir tirando dos cachiños e sae coma unha monda dun plátano.Este proceso endurece a madeira , dálle ese color tostado que teñen os mangos das ferramentas e acádase a textura suave dos mesmos.Xa tedes un mango do que antes era un pao...agora tócavos a vos “mangar “a ferramenta...no o vou facer eu todo :)






A outra palabra que aprendín foi dando ese paseo polo monte para buscar o “pao perfecto”, e foi ABROTEGA, tampouco a topei no diccionario galego (on-line) e si no portugués.Évos unha herva de folla plana e longa ( de 20 a 30 cm) que sae nesta época, e ten uns tubérculos pequenos coma pataquiñas, na primaverira vota unaha follas brancas. De feito, cando estas ABROTEGAS empezan a saír é o tempo de empezar a semente das patacas. Tomade nota:-) !!



De por si no é nada meritorio pero o coas que estas cousas as veces fanme reflexionar, hai que ver canto se pode aprender se un escoita e ten ganas de compartir tempo cos teus.

E xa concluíndo:
O galeo no cho poden impor , telo que querer aprender, o galego que falan os meus pais no será normativizado, no ben no diccionario, pero é o meu galego.O galego que agora se escrebe con “nh”, e quere usar a “segunda” feira no sitio do “luns” ese....non é o meu galego.....Eu son galego, e falo galego a miña muller e galega e fala castelán ,o meu fillo e galego e fala o que lle peta....ninguén ten dereito a dicirnos coma temos que ser ou falar para ser galegos, xa o somos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

"ABRÓTEGA" tamén se emprega en sentido figurado cando che sae un gran no corpo ou unha hinchazón da pele.
Por certo, grazas por poñer un pouco de sentidiño nas opinións sobre Cuba, botaron unha reportaxe na galega no fin de semana moi esclarecedora.

a vibora negra dijo...

grazas a ti polo comentario e pola nova aclaración sobre abrótega..

Anónimo dijo...

Podemos facer un collar de abrótegas trenzadas polo debate público claro e transparente: falando de debates parece ser que alguén vetou un debate entre representantes xuvenís das forzas políticas no instituto. Resulta curiosa a forma que algúns entenden para implicar á xuventude. ou será que como eles non podían meter baza o debate é malo? Mariño podrá decir algo de esto

a vibora negra dijo...

perdoa , pero eu non son Mariño, deberiaslle preguntar no seu blog.
Descoñezo o caso deste debate, e o que sucedeu , no te podo axudar.Quizais poidas darme mais información.....

Anónimo dijo...

Todo-los galegos nacemos con unha herdanza, o idioma, a cultura i o amor a terra, dende logo, depende de cadaun , utilizalo, leela i amala. como lle veña en gaña.
Ningun partido politico e valedor destes bens, toda a sociedade temos a obriga, si o desexamos, de mantela, por isto, non se pode impoñer un sentimento, de ningunha forma.
Somos bilingues, porque temos ese beneficio de nacemento, pouco importa que teu pai ou a tua nai, fale castelan, si o veciño o a persoa que coida dos pequenos fala galego, despertarase o bilinguismo nese neno, e posiblemente, non falara, pero entendera todo, de ai a falalo na adultez ai un paso, a non ser que te cerres a falalo, como pode ser, por imposicion.
Estou de acordo, que se enseñe nas escolas, que se utilice na vida diaria, exatamente igual que o castelan, pero tamen quero, que se fale ingles, como si fora noso idioma, ou frances ou chino....
As horas na ensinanza que se otorgan a lingua castelan van en detrenimento de nos, xa que debemos de dominalo exactamente igual o galego como castelan.
Por outra banda, ai nenos, que a sua lingua vehicular non e o galego, polo que os pais deberian escoller a opcion que mais se axeitara a sua lingua maioritariamente falada na familia.
As imposicions e negacions sempre son armas de dobre filo, tanto poden facer vehicular un idioma, coma que te negues a falalo, precisamente, por imposicion.¡Aburiño!

Anónimo dijo...

Cuando te imponen algo, a no ser que te guste mucho, terminas odiándolo.Creo que es perjudicial, en este caso para la lengua gallega y no sé por donde van a salir nuestros hijos el día de mañana.El ser bilingÜes nos permite elegir y disfrutar de las dos.El respeto y la tolerancia por nosotros mismos y por los demás, se pierden cuando creemos que somos más o menos gallegos si hablamos o dejamos de hacerlo y juzgamos a los demás por hacerlo o no.Ahora, como gallegos y en beneficio de nosotros y nuestros hijos y su futuro, deberíamos impulsar y apoyar todo lo que nos permita ascender y progresar y está claro que deberíamos de dar más importancia de la que se le está dando al idioma que nos permita movernos por el mundo (que es muy grande), ya sea el inglés o el francés.El nuestro no lo perderemos nunca por más que se diga.

a vibora negra dijo...

Estou de acordo com ambos os dous anónimos, se as veces as cousas son así de sinxelas......ter a liberdade de elixir a estas alturas no debería ser un problema.Negar o bilinguismo en Galicia e no querer ver mais alá do nariz, nuncas se falou tanto galago coma a hora, nin se escribeu ,nin se estudou tanto....e penso que para nada o galego está en pregigo de desaparecer.Pero non se pode olvidar que somo 4 millons de galegos no mundo , intentar facer do galego unha lingua internacional cando o propio castelan falado por mais de 300 millons está a perder espazo frente o ingles, pareceme unah tolemia....a poucos sitios poderas ir pedir traballo fora de Galicia se como curriculum levas que so te entendes en Galego.
Hai que se atreve a falar de imposición dun idioma (castelan ) e despois pretende facer o memos impoñendo (ou intentando) un galego qee pouco o nada se parece o que falamos e aprendemos cos nosos pais.
Un saudo.