Mostrando entradas con la etiqueta politica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta politica. Mostrar todas las entradas

lunes 10 de marzo de 2008

Resultados das Xerais 2008 en Betanzos



Estes son os resultados das Eleccións Xerais -2008 (http://www.generales2008.mir.es/) en Betanzos e a súa comparativa das EX-2004.Eliminei os resultados de los votos a partir do 0.66% por carecer de interese.O PSOE foi o gañador das eleccións xerais, e doulles a noraboa. En Betanzos gañounas o PP e tamén merecen a miña noraboa.

As miñas valoracións persoais son a seguintes:

-O PP, gaña en Betanzos sacando 281 votos mas que o segundo que é o PSOE.So gaña 4 votos respecto o ano 2004, polo que pode dicirse que se mantén practicamente igual.A conclusión que saco e que o PP ten un voto moi fidelizado en Betanzos (falamos de xerais) .

-O PSOE gaña 47 votos respecto o 2004, pero no consegue desbancar o PP coma forza mais votada en Betanzos, eses 47 votos parecen ser os desprazados de I.U. que en Betanzos perde 33 votos e parte dos que perde O BNG.Así é todo o PSOE so sube un escaso 1% en Betanzos, seguindo a mesma tónica que na provincia Da Coruña.

-O BNG é a forza que máis votos perde en Betanzos 125 votos en total, un 1.39% en total.Para min é quizais o resultado mais significativo; pos vai totalmente en contra na tónica da provincia na que o BNG sobe un 0.77% , practicamente o mesmo que sobe en toda Galicia o 70%.Perde incluso mais que I.U. que so perde 33 votos.

-UPyD saca en Betanzos 56 votos, o cal xa é un logro pois non fixo campaña no nos pobo.

O pobo falou , e falou claro.

lunes 3 de marzo de 2008

Que se coce en Venezuela.



Na miña opinión o descerebrado de Hugo Chavez, que ten de todo menos de parvo, hai un tempo que esta a buscar a forma de perpetuarse no poder.Coma non puido facelo no último referendo que perdeu de forma democrática , (iso a pesares de que puxo todas as través e todos a maquinaria do seu poder en impedilo), agora está desesperado buscado outras vías de conseguilo.Para todo dictador como el, a mellor maneira de facelo é buscar o estado de guerra, levar o pais a unha crese na que el se poida xustificar no poder da mellor maneira que sabe ....co medo.Nese camiño van as última parvadas que saen da boca de tamaño personaxe , chegando a interferir incluso na crese entre Ecuador e Colombia. Ende logo non xustifico o que fixo Colombia, xa que non respectou a soberanía do Ecuador, pero non creo que o que sucedeu xustifique para nada un conflicto armado. E moito menos entre Colombia e Venezuela....que non ten parte neste enredo, ben...ten a que lle quere poñer Chavez.

“Chávez cierra la embajada en Bogotá y moviliza tropas a la frontera con Colombia”

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/03/02/00031204480716001618117.htm

A Chavez non hai quen o entenda, e o que mais me amola e que ende España i ende Galicia hai políticos e partidos que tratan de xustificar a súa a actualcion , incluso din ver con bos ollos o seu réxime. Todo vale para xustificar o marxismo (suposto) de Chaves. Que por certo ni é marxista , nin comunista , nin de esquerdas...é un dictador populista que agora trata de ser o abandeirado do boliviaranismo...anda xa!.Como se pode xustificar a Chavez, que a súa vez xustifica as FARC e o seus métodos narcoterrosristas....
A que ven meter o fociño chavista en todo isto , é sinxelo quere facerlle competencia a Sarcozí a ver quen dos dous mola mais pola tele .... ou non o entendo.Xa que incluso as propias FARC parecen querer chegar a entenderse co Goberno soberano de Colombia ( por que o é a pouco que nos guste) , e hai que recordar que se está nun momento delicado negociado a liberación de reféns

“Las FARC anunciaron ayer en Internet que la muerte por el Ejército de su número dos y portavoz, Raúl Reyes, el pasado sábado no debe afectar a la búsqueda de un acuerdo humanitario sobre los secuestrados.”

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/03/03/0003_6618993.htm

E as cousas estanse a embarullar, o que menos falta fai e xente do estilo de Chavez a mente o dedo na xaga.



Hai politicos, que canto memos falan , mellor para o seu pais e os demais.....

martes 12 de febrero de 2008

Vergoña allea....os fascistas tamen falan galego.

Pois si , tras ver o que lle aconteceu hoxe a Maria San Gil teño vergoña allea como galego.



Por certo os organizadores desta tolemia podedelos atopar aqui:

http://www.agir-galiza.org/HTML/principal.php?pag=ler&fich=not549.htm

Onde non so se xutifican do feito , senon que se sinten orgullosos de facer o que fixeron.Non ten desperdicio, ainda que costa entendelo, xa que esta escrito nun idimoma rariño...que é de todo menos galego.

¿Como se pode chegar a estes estremos?. Que lles pasa os estudiantes e a xuventude galega para comportarse así , aínda que sexan unha minoría ...doe velos na televisión de todo o pais.Atacar así a unha persoa , por moi en desacordo que estes co que pensa ou co que di, e unha mostra de intolerancia ,de anti-democracia , do mas rancio estilo fascistoide . Se non che gusta o que ten que dicir San Gil , non vais a escoitala...e así de sinxelo. A liberdade de expresión e un dereito fundamental da nosa democracia.
Pero aínda mais terrible foi escoitar a un destes energúmenos dicir , “que te maten” ...púxome a pel de galiña, sentinme ofendido ata o miúdo dos osos....que cobardía... Ogallá a xustiza atope a ese prototipo inacabado de persoa, i a aparte un tempo da sociedade que é o que se merece.
En fin ....unha auténtica vergoña.

sábado 9 de febrero de 2008

E Cuba realmente libre?


Escoiten coma os estudantes universitarios Cubanos poñen en apuros o Sr. Ricardo Alarcon Presindente da Asamblea Nacional de Cuba..........non ten desperdicio.
Un saudo

jueves 7 de febrero de 2008

O ayatolá Paco Rodriquez


Dando voltas pola rede atopei unha serie de artigos y comentarios sobor da última asemblea nacional do BNG, e unhas curiosas declaracións do deputado do BNG Francisco Rodríguez, e gustaríame comentalas. Este señor fixo unha defensa enfervorizada dos réximes castritas e do iraní.Así o principio custoume aceptar que alguén da índole política de Paco Rodiguez chegase a tanto, sobor de todo co da defensa do réxime iraní o cal cheo a chamar “exemplo e modelo “ de socialismo....manda carallo!.Eu non estaba na tal asamblea pero parece que esto escoitárono miles de asistentes e se comenta pola rede e moitos blogs , neste por exemplo:
Do apoio incondicional do BNG o réxime castrista e de todos sabido
Pero...... ¿que opinan os opositores o réxime deste apio?.Mellor que nolo conten eles mesmos:
A razón de poñer tanto link e que cada un poida ler e facerse a súa propia opinión do tema, eu fago a miña pero gústame escoitar a dos demais. Na miña opinión so espero que xente como Paco Rodriquez e a súa corrente política non chegue a se maioría no BNG, coma se pode chegar a estes razoamentos ....¿Que sucedería se o BNG se presentase as próximas eleccións cunha proposta política tipo castrista ou iraní?. ¿Cantos se atreverían votalos?. ¿Realmente quere o BNG esto para Galicia ?, dudo moito que sexa así.Pois daquela non queramos para os outros e que non queremos para nos.....Pode que as democracias europeas non sexan os mellores réximes políticos do mundo, pero dos que coñezo son os menos malos.... So espero que os moderados do BNG, os “quintanistas”, sexan quen de parar esta toladas e non miren para o outro lado. A ver se cando os do BNG falaban de Galiza e Potenza.....se referian a querer ser Potenza Nuclear coma no Iran.