viernes, 7 de marzo de 2008

A morte dun demócrata.



Hoxe a barbarie sen medida dos terrorista etarras truncou a vida dun home en Mondragón, dun ex-concellal socialista, dun currante, dun pai....A covardía estrema dos amos das pistolas (ETA) , volve a rematar coa vida dun inocente, no seu típico “modus operanti “, polas costas e contra un home desprotexido.Esta é a maneira que teñen os chamados loitadores pola independencia vasca de facer campaña electoral.¿Hai algunha maneira mais totalitaria de defender o que un pensa, que matando os que pensan distinto?.¿Podedes imaxin que lles pasará os vascos e vascas no caso de que estes energúmenos chegaran algún día a Gobernas Euskadi?.Mellor non pensalo dáme escarrefríos.
Morreu un home por defende-los seus principios, e as súas ideas só por servir os terroristas como finalidade de malograrnos os demócratas a nosa maior festa, as eleccións libres no noso pais.Xa non haberá nada que festexar, gañe quen gañe, porque un home morreu por defender o noso voto.Un home morreu por defender esta democracia , que seguro non é a mellor de todas , pero é mellor que a nos puideran ofrecer os amos das pistolas, iso por seguro.
Eu penso que esta é unha boa razón para ir votar o Domingo , cada quen ,a quen lle pete.No debemos deixar que os terroristas pensen que poden gañar , unha boa maneira de facelo é indo a votar, e a exercer ese dereito que pretenden quitarnos coas pistolas, o dereito a pensar diferente ca eles, o dereito a elixir.Non hai mellor maneira de manifestarllo , e ou meu parecer.
Aqueles que apoian este actos viles e covardes dos amos das pistolas (ETA) , son tan asasinos coma os que premeron o gatillo, catro veces non sexa se lles escapara, e aqueles que lles teñen simpatía debería estar avergoñados.Non hai lugar para eles neste pais, e temos que facerllo entender entre todos.
Oxalá aquel que Goberne a partir do Domingo , sente unhas novas bases de diálogo para quer todos ( dereita, esquerda, do centro,nacionalistas, non nacionalistas,....) vaian na mesma dirección , sen reproches, sen acusación e sen facer partidismo do terrorismo.Xa vamos fartos diso!.Desexo ver o luns que ven ,un auténtico TODOS CONTRA ETA, é o lle debemos esixir os políticos.
Por certo, postos en Galicia, olliño aqueles que lles fan as beiras e son simpatizantes das actuacións dese novo terrorismo galego ( os que puxeron as bombas en Perbes), porque o final son coma os amos das pistolas, pero en pañais.
Un saudo.

No hay comentarios: