martes, 25 de marzo de 2008

Arte no CIEC


Mostra de xilografía de Luis Filipe Folgado na Fundación CIEC.

“Profesor del Departamento de Artes Visuales en la Escuela Superior de Educación del Instituto Politécnico de Bragança, labor docente que compagina con la artística, materializada en la fotografía, serigrafía y xilografía. La Fundación CIEC presenta en esta ocasión sus más recientes creaciones en el campo de la xilografía y serigrafías, aquellas realizadas en los años 2006-07.”

A Fundación CIEC de Betanzos acolle, durante todo o mes de marzo, unha selección da obra gráfica do portugués Luís Filipe Folgado, que inclúe os seus máis recentes creacións nos campos da xilografía e a serigrafía. A mostra poderá contemplarse ata o día 29, de martes a sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

DEPORTE con maisculas...hai vida mais alá du futbol


Mireia Belmonte, en la final de los 200 metros mariposa en la que logró el bronce- REUTERS


Norabóa boa campeonísmos e gracias!. Si señor!, España recolleu o seu mellor resultado nuns campionatos oficias de natación.

Persoas case descoñecidas coma Erika Villaecija, Nina Zhivanevskaya, Mireia Belmonte,Gema Mengual e Rafa Muñoz entre outrosesto son os heroes anónimos que hoxe fixeron que España pasase de estar desapercibidos nos campionatos de natación, a ser os 4 mellores de Europa.Unha esperanza para os próximos xogos olímpicos en Peking.

Esto é o que conseguiron:

12 medallas, catro de elas en sincronizada,e 22 récords de España. Cinco ouros, tres pratas e catro bronces. Un logro só comparable o obtido nos Europeos de Helsinki de 2000, con seis medallas e 13 récords…………case nada.

Pero que mais da , o importante e que Raulito non vai a unha selección de furjol que non gaña nada, ou a depresión do Ronalidiño , ou que mal xoga o Madrí..........iso é o que ocupa as paxinas de deporte dos periódicos ou nas primeiras planas dos mal chamados periódicos deportivos....que magoa!.

Xa o dicía Churchil.....nunca tantos lle debemos tanto a tan poucos....gracias, moitas gracias os nosos nadadores!

lunes, 10 de marzo de 2008

Resultados das Xerais 2008 en Betanzos



Estes son os resultados das Eleccións Xerais -2008 (http://www.generales2008.mir.es/) en Betanzos e a súa comparativa das EX-2004.Eliminei os resultados de los votos a partir do 0.66% por carecer de interese.O PSOE foi o gañador das eleccións xerais, e doulles a noraboa. En Betanzos gañounas o PP e tamén merecen a miña noraboa.

As miñas valoracións persoais son a seguintes:

-O PP, gaña en Betanzos sacando 281 votos mas que o segundo que é o PSOE.So gaña 4 votos respecto o ano 2004, polo que pode dicirse que se mantén practicamente igual.A conclusión que saco e que o PP ten un voto moi fidelizado en Betanzos (falamos de xerais) .

-O PSOE gaña 47 votos respecto o 2004, pero no consegue desbancar o PP coma forza mais votada en Betanzos, eses 47 votos parecen ser os desprazados de I.U. que en Betanzos perde 33 votos e parte dos que perde O BNG.Así é todo o PSOE so sube un escaso 1% en Betanzos, seguindo a mesma tónica que na provincia Da Coruña.

-O BNG é a forza que máis votos perde en Betanzos 125 votos en total, un 1.39% en total.Para min é quizais o resultado mais significativo; pos vai totalmente en contra na tónica da provincia na que o BNG sobe un 0.77% , practicamente o mesmo que sobe en toda Galicia o 70%.Perde incluso mais que I.U. que so perde 33 votos.

-UPyD saca en Betanzos 56 votos, o cal xa é un logro pois non fixo campaña no nos pobo.

O pobo falou , e falou claro.

viernes, 7 de marzo de 2008

A morte dun demócrata.



Hoxe a barbarie sen medida dos terrorista etarras truncou a vida dun home en Mondragón, dun ex-concellal socialista, dun currante, dun pai....A covardía estrema dos amos das pistolas (ETA) , volve a rematar coa vida dun inocente, no seu típico “modus operanti “, polas costas e contra un home desprotexido.Esta é a maneira que teñen os chamados loitadores pola independencia vasca de facer campaña electoral.¿Hai algunha maneira mais totalitaria de defender o que un pensa, que matando os que pensan distinto?.¿Podedes imaxin que lles pasará os vascos e vascas no caso de que estes energúmenos chegaran algún día a Gobernas Euskadi?.Mellor non pensalo dáme escarrefríos.
Morreu un home por defende-los seus principios, e as súas ideas só por servir os terroristas como finalidade de malograrnos os demócratas a nosa maior festa, as eleccións libres no noso pais.Xa non haberá nada que festexar, gañe quen gañe, porque un home morreu por defender o noso voto.Un home morreu por defender esta democracia , que seguro non é a mellor de todas , pero é mellor que a nos puideran ofrecer os amos das pistolas, iso por seguro.
Eu penso que esta é unha boa razón para ir votar o Domingo , cada quen ,a quen lle pete.No debemos deixar que os terroristas pensen que poden gañar , unha boa maneira de facelo é indo a votar, e a exercer ese dereito que pretenden quitarnos coas pistolas, o dereito a pensar diferente ca eles, o dereito a elixir.Non hai mellor maneira de manifestarllo , e ou meu parecer.
Aqueles que apoian este actos viles e covardes dos amos das pistolas (ETA) , son tan asasinos coma os que premeron o gatillo, catro veces non sexa se lles escapara, e aqueles que lles teñen simpatía debería estar avergoñados.Non hai lugar para eles neste pais, e temos que facerllo entender entre todos.
Oxalá aquel que Goberne a partir do Domingo , sente unhas novas bases de diálogo para quer todos ( dereita, esquerda, do centro,nacionalistas, non nacionalistas,....) vaian na mesma dirección , sen reproches, sen acusación e sen facer partidismo do terrorismo.Xa vamos fartos diso!.Desexo ver o luns que ven ,un auténtico TODOS CONTRA ETA, é o lle debemos esixir os políticos.
Por certo, postos en Galicia, olliño aqueles que lles fan as beiras e son simpatizantes das actuacións dese novo terrorismo galego ( os que puxeron as bombas en Perbes), porque o final son coma os amos das pistolas, pero en pañais.
Un saudo.

lunes, 3 de marzo de 2008

Que se coce en Venezuela.



Na miña opinión o descerebrado de Hugo Chavez, que ten de todo menos de parvo, hai un tempo que esta a buscar a forma de perpetuarse no poder.Coma non puido facelo no último referendo que perdeu de forma democrática , (iso a pesares de que puxo todas as través e todos a maquinaria do seu poder en impedilo), agora está desesperado buscado outras vías de conseguilo.Para todo dictador como el, a mellor maneira de facelo é buscar o estado de guerra, levar o pais a unha crese na que el se poida xustificar no poder da mellor maneira que sabe ....co medo.Nese camiño van as última parvadas que saen da boca de tamaño personaxe , chegando a interferir incluso na crese entre Ecuador e Colombia. Ende logo non xustifico o que fixo Colombia, xa que non respectou a soberanía do Ecuador, pero non creo que o que sucedeu xustifique para nada un conflicto armado. E moito menos entre Colombia e Venezuela....que non ten parte neste enredo, ben...ten a que lle quere poñer Chavez.

“Chávez cierra la embajada en Bogotá y moviliza tropas a la frontera con Colombia”

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/03/02/00031204480716001618117.htm

A Chavez non hai quen o entenda, e o que mais me amola e que ende España i ende Galicia hai políticos e partidos que tratan de xustificar a súa a actualcion , incluso din ver con bos ollos o seu réxime. Todo vale para xustificar o marxismo (suposto) de Chaves. Que por certo ni é marxista , nin comunista , nin de esquerdas...é un dictador populista que agora trata de ser o abandeirado do boliviaranismo...anda xa!.Como se pode xustificar a Chavez, que a súa vez xustifica as FARC e o seus métodos narcoterrosristas....
A que ven meter o fociño chavista en todo isto , é sinxelo quere facerlle competencia a Sarcozí a ver quen dos dous mola mais pola tele .... ou non o entendo.Xa que incluso as propias FARC parecen querer chegar a entenderse co Goberno soberano de Colombia ( por que o é a pouco que nos guste) , e hai que recordar que se está nun momento delicado negociado a liberación de reféns

“Las FARC anunciaron ayer en Internet que la muerte por el Ejército de su número dos y portavoz, Raúl Reyes, el pasado sábado no debe afectar a la búsqueda de un acuerdo humanitario sobre los secuestrados.”

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/03/03/0003_6618993.htm

E as cousas estanse a embarullar, o que menos falta fai e xente do estilo de Chavez a mente o dedo na xaga.



Hai politicos, que canto memos falan , mellor para o seu pais e os demais.....

domingo, 24 de febrero de 2008

Aprendendo a ser e a falar Galego co avó.


So hai unha maneira de aprender unha lingua , falándoa...e so hai una forma de ser galego, sentíndoo ( da igual que naceras no Camerún, xa que un é de onde pace non de onde nace...).
Así de sinxelo, hoxe eu mais o meu fillo aprendemos dúas palabras novas en galego, e a facer unha laboura tradicional.Podo dicir que nos aproveitou a fin de sema, vaia que sí....
Antes de nada, explicarvos que dous palabras aprendín , una foi ENQUEIRAR, busquei na web da xunta no diccionario de galego e non ben...pero atopei a mesma palabra no portugués xa vedes...
ENQUEIRAR, o menos e certa aldea de Paderne, non é so unha palabra en un traballo, ENQUEIRAR, e o proceso de transformar un pao ou unha vara para convertela nun mango ou nunha aguillada.Hai que buscar o pao adecuado, o cal xa é unha fermosa experiencia pois implica un paseíño polo monte, e se o fas co teu fillo e o teu pai chega a ser toda unha aventura compartida entre tres xeracións.



O pao a ser posible a de ser de castaño e ha de estar verde, o importante nestes casos e que sexa un fermoso pao recto , con poucos nós e do grosor adecuado para que se vai a usar.Se o colles moi miúdo non che valerá para “mangar” o raño, o fouce ou a ferramenta que sexa..(salvo que lle seipas poñer unha cuña..eso deixámolo para outro capítulo).
Atopado o pao haino que ENQUEIRAR, ¿e quen ven sendo isto), pos hai que meter o pao no forno quente ( tamén se pode facer nas brasas pero coidadiño con non queimalo ) durante unha hora.Despois sacase e dóbrase, escoitaredes como cruxe toda a pel (cortiza) de pao e se cuartea, so tedes que ir tirando dos cachiños e sae coma unha monda dun plátano.Este proceso endurece a madeira , dálle ese color tostado que teñen os mangos das ferramentas e acádase a textura suave dos mesmos.Xa tedes un mango do que antes era un pao...agora tócavos a vos “mangar “a ferramenta...no o vou facer eu todo :)






A outra palabra que aprendín foi dando ese paseo polo monte para buscar o “pao perfecto”, e foi ABROTEGA, tampouco a topei no diccionario galego (on-line) e si no portugués.Évos unha herva de folla plana e longa ( de 20 a 30 cm) que sae nesta época, e ten uns tubérculos pequenos coma pataquiñas, na primaverira vota unaha follas brancas. De feito, cando estas ABROTEGAS empezan a saír é o tempo de empezar a semente das patacas. Tomade nota:-) !!



De por si no é nada meritorio pero o coas que estas cousas as veces fanme reflexionar, hai que ver canto se pode aprender se un escoita e ten ganas de compartir tempo cos teus.

E xa concluíndo:
O galeo no cho poden impor , telo que querer aprender, o galego que falan os meus pais no será normativizado, no ben no diccionario, pero é o meu galego.O galego que agora se escrebe con “nh”, e quere usar a “segunda” feira no sitio do “luns” ese....non é o meu galego.....Eu son galego, e falo galego a miña muller e galega e fala castelán ,o meu fillo e galego e fala o que lle peta....ninguén ten dereito a dicirnos coma temos que ser ou falar para ser galegos, xa o somos.

sábado, 16 de febrero de 2008

Estamos en campaña e a algún notaselles....

Estamos en campaña e eu quero poñer un pouco de humor entre tanto mal rollo, que vos riades! ...estes persoaxes de "ficcion" xa case me falan castelan e todo...

Express Yourself with Gizmoz Video Clips